PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

domingo, 28 de enero de 2018

" REPLANTANDO O MUNDO" 30 de Xaneiro Día Escolar da NON Violencia e da Paz.

Dende a nosa biblioteca unímonos os actos levados a cabo  no centro para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 
Dende hai dúas semanas na entrada da biblioteca hai unha exposición de libros relacionados co tema. Pese a que algunhas das lecturas seleccionadas céntranse na paz e a súa simboloxía, non todos os libros escollidos abraguen a paz da mesma maneira. En ocasións, a paz conséguese a través da empatía e o respeto por un mesmo e polos demais. Constrúese recoñecendo e aceptando as diferenzas e sobre todo queréndonos tal e como somos, polo que tamén hai libros referidos a estes temas.
Na decoración da nosa exposición, contamos coa colaboración dos usuarios da biblioteca que elaboraron mans nas que escribiron diferentes palabras e mensaxes de  PAZ co obxectivo de que entre todos poidamos Replantar un Mundo mellor.
Aquí vos deixamos algunhas fotos ...
























No hay comentarios: