PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

domingo, 11 de febrero de 2018

11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA





A ciencia foi , xeralmente, un mundo gobernado por homes. Son moitos os nomes de científicos masculinos que nos veñen a  cabeza cando falamos deste tema, pero non ocorre o mesmo cando pensamos en mulleres científicas. Sen embargo, as mulleres, dende o inicio dos tempos,  realizaron importantes contribucións neste campo.
Hoxe, dende a nosa biblioteca, Carrás quere contribuir a  desmontar mitos, poñendo  de manifesto a grande importancia da  muller na ciencia cunha selección de libros para inspirar  as nenas , e amosar que elas  poden, igual que os nenos, marcar un antes e un despois na historia mundial da ciencia.




De entre todas  as mulleres científicas da historia, Carrás quere facer unha mención especial a mestra  ferrolana Ángela Ruiz Robles, inventora adiantada o seu tempo, que baseándose nun libro creou o primeiro ebook da historia e cuio prototipo construíuse en 1962.

No hay comentarios: