PALABRAS NO BOSQUE

PALABRAS NO BOSQUE
Hai unha árbore no Noso cole que case ninguén viu pero que de cuxa existencia só dudan os botánicos e outros señores igualmente razoables.Trátase do célebre Narrador Invernalis, ainda que nós –o ourizo e mais eu-chamámoslle corrientemente “A árbore cuentista”. O parecer este que naceu aquí e o do meu país son as dúas únicas especies que quedan sobre a Terra. Segundo me contaron houbo un tempo que medraban por todas partes e a xente vivía feliz esperando o outono cando escomenzaba a caerlles as follas cheas de historias. Había historias breves e simpáticas, e longas e conmovedoras e había outras que eran tan longas que para que collesen nunha folla a letra so se podía ler con lupa.É unha ábore realmente increíble, tan increíble como o noso maxín.

lunes, 19 de febrero de 2018

150 anos de " 20.000 leguas de viaje submarino" en Vigo


" En estos momentos nos encontramos en la misma bahía de Vigo y solo de usted depende el descubrir los misterios  que en ella se encierran ". 

 Con estas palabras, que fai pronunciar ao capitán Nemo, o 18 de febreiro de 1868,  é como Jules Verne introduce, nunha das grandes novelas da historia da literatura universal: "20.000 leguas de viaje submarino", un capítulo clave do relato que acontece na baía de Vigo.

Vigo recorda este acontecemento século e medio despois con diversas actividades culturais e científicas para conmemorar esta máxica e pouco coñecida efeméride literaria.

"Veinte mil leguas de viaje submarino" é unha obra narrada en primeira persoa polo profesor e biólogo Pierre Aronnax, que foi preso polo Capitán Nemo e conducido polos océanos a bordo do submarino Nautilus.

Como bos lectores/as que sodes, se vos apetece mergullar nunha historia de  acción, aventuras,  chea de descricións de diversos animais mariños... , non dubidedes en pasarvos pola biblioteca e escoller este libro co que seguro pasaredes un  bo rato entretidos.
                     

                        

No hay comentarios: