Carrás anímavos a visitar a XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra dende o venres 6 ó domingo 29 de abril.
Baixo o lema "MULLERES DE CONTO" este ano o salón homenaxea as mulleres da literatura infantil, dende as personaxes dos contos pasando polas escritoras, editoras, bibliotequeiras ... e todas aquelas mulleres que forman e conforman o mundo literario dos máis pequenos, os cales poderán desfrutar con obras de teatro, contacontos, talleres .... e moitas actividades o tempo que se forman e se diverten neste salón que ano tras ano segue fomentando a lectura en galego.
Como novidade, este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil contará coa presenza dun país invitado; México, que traerá a súa cultura e riqueza literaria. O programa do evento tamén incluirá un concurso de ilustración e faráse ademáis unha especial dedicación a figura de María Victoria Moreno, Premio das Letras Galegas 2018.
Aquí podedes ver o programa completo de tódalas actividades que se van desenvolver en dito salón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario